14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Vaga de dimisións na executiva de Compromiso por Galicia con críticas ao carácter autoritario de Piñeiro

Foto- Juan Carlos Piñeiro- Obxecto das críticas dos dimisionarios

Seis membros da executiva de Compromiso por Galicia veñen de presentar a súa dimisión irrevocable como membros do citado órgano, con críticas ao «carácter autoritario» do secretario xeral Juan Carlos Piñeiro Docampo e «en vista vista da pouca claridade e legalidade coa que se está levando o partido desde os órganos de máxima representacion, presentan a súa».

Segundo unha nota de prensa achegada a esta redacción, presentaron a súa renuncia Óscar Casais, secretario de coordinación, Maxi Vázquez, coordinador territorial da provincia da Coruña, Eva Rosende, secretaria de educación e sanidade, Paula Rey, secretaria de medio rural, Suso Ares, da secretaría técnica nacional e o responsable da secretaría de política municipal (do cal non se facilita o nome completo).

Perda de relevancia política de Compromiso por Galicia

Segundo os dimisionarios «existe unha perda da relevancia política de CxG nos últimos anos, do que se deriva unha constante e progresiva disminución da afiliación, este proceso, de non deterse, dará na desaparición do partido e todo o proxecto polo que miles de galegos levan anos traballando e que no panorama actual debería ser pedra angular para o noso país».

E apuntan a que «a responsabilidade última no estrictamente político é do Secretario Xeral, polo que se lle plantexa dar un paso ao lado para reconducir a situación… A resposta é rotunda no senso contrario, en aras a manter o cargo ainda que elo supoña a desaparición do partido. Explicacións a dita postura que van máis alá do político e entran máis no persoal e no xudicial/procesal… É por elo que o camiño para a militancia queda escrito polo Secretario Xeral e a folla de ruta para a irrelevancia absoluta do partido tamén»

Decisións personaistas e autoritarias de Piñeiro

No mesmo comunicado indican que «iniciaron a súa andadura neste proxecto político coa ilusión de formar parte dun partido que velase pola democracia interna e o respeto ós procedimentos e ós dereitos dos afiliados e simpatizantes e que nos últimos tempos na organización estanse a tomar decisións personalistas e autoritarias con forma de resolucións do Secretario Xeral que non encontran acomodo nin sustento nos Estutos do partido nin moito menos na Lei de Partidos Politicos nin das asociacións».

Critican ademais decisións de Juan Carlos Piñeiro como a suposta expulsión da Secretaria de Finanzas e a «cesión do cargo da Secretaría Técnica, sin dar opción a defensa nin seguir os procedementos legais nestes casos.  

Esta suposta actuación de Piñeiro «supón directamente unha afrenta ós dereitos mais elementales dun afiliado o resultar expulsado servíndose formalmente de órganos do partido, ós que se vacia de contido, sin escoitar a afiliada e alto cargo implicada, privándolle do dereito a exercer do mellor modo o seu dereito de defensa, vulnerando os principios de tutela xudicial efectiva e de defensa recollidos na Constitucion».
Falan de «abuso de poder» e de «falta de comunicación» dentro do partido.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos