3.1 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

Compromiso aposta por unha ampla coalición de forzas galegas para as eleccións do 12 de xullo

O 81% dos afiliados que participaron na consulta celebrada este martes, apoian que Compromiso por Galicia participe nunha coalición electoral de forzas galegas nas eleccións do vindeiro 12 de xullo. Neste mesmo día coñeceuse a renuncia de seis membros da executiva do partido galeguista.

Segundo o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo o partido “segue aberto a formar unha candidatura de país ampla, onde entremos todos os que teñamos o galeguismo como eixo central e a Galicia como programa e no sentimento” .

Piñeiro afirma que “nós desde Compromiso seguimos na nosa teima de achegar unha resposta de País para as múltiples inquedanzas que destes momentos está a xente a ter, ante un futuro incerto e moitas veces que se nos amosa desolador, desde logo está resposta non vai vir dos partidos que son altofalantes das súas sedes de Madrid”.

O máximo dirixente desta formación incide que CxG “ vai facer todo o posible por chegar a unha solución ampla e galeguista para resolver os problemas que a crise da Covid-19 está a deixar sentir xa no noso País”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos