O 62% dos participantes no plenario telemático de En Marea votou a favor de presentarse ás eleccións autonómicas do 12 de xullo. Un 21% votou en contra e un 17% optou pola abstención.
Nesta consulta un 73% votou por presentarse nunha gran coalición, na que se inclúan a Mareas e plataformas municipais(83% a favor) así como forzas soberanistas que defendan un programa baseado en combater as emerxencias climática, social e feminista que vive o noso país, pulando por unha nova normalidade xusta e sostible.
«Por nós non quedará, se esa preocupación se concreta en vontade real de chegar a acordos» aseguran desde En Marea que tentarán transformar os contactos que existen en acordos e tentar evitar “a dispersión do voto progresista”.