Información- Consellería de Sanidade
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920, deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos.
** O último falecemento rexistrado en Galicia por coronavirus correspóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas.
O número de PCR realizadas é de 131.948.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,4% do total das persoas residentes.Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.