A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.891, deles 1.659 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.315 da de Ourense, 569 da de Pontevedra, 1.219 da área de Vigo, 1.067 da de Santiago, e 400 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 83 permanecen en UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.816 altas de pacientes e 531 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 87.824.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.