A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.824, deles 1.629 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.055 da de Santiago, e 400 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 90 permanecen en UCI, 495 están en unidades de hospitalización e 6.239 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.783 altas de pacientes e 509 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 82.993
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,6% do total das persoas residentes.
Respecto das 5 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi da residencia Concepción Arenal (A Coruña), 1 de DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 do centro residencial Portazgo (A Coruña), 1 da residencia As Fragas (Pontedeume) e 1 de DomusVi Cangas.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.