A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.704, deles 1.584 son da área da Coruña, 647 da de Lugo, 1.302 da de Ourense, 550 da de Pontevedra, 1.169 da área de Vigo, 1.065 da de Santiago, e 387 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 87 permanecen en UCI, 531 están en unidades de hospitalización e 6.086 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.730 altas de pacientes e 498 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 78.822.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.