A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.637, deles 1.550 son da área da Coruña, 627 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 535 da de Pontevedra, 1.164 da área de Vigo, 1.078 da de Santiago, e 382 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 92 permanecen en UCI, 568 están en unidades de hospitalización e 5.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 76.129.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes.
Respecto das 9 persoas falecidas onte en centros residenciais, 4 foron da residencia Claudina-Somoza (A Coruña), 1 foi de Portazgo (A Coruña), 1 foi da Fundación José Otero (Santiago de Compostela), 1 do centro residencial N.S. da Esperanza (Ourense), 1 da residencia San José (Ourense) e 1 do centro de maiores San Pedro (Crecente)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.