10.7 C
Santa Comba
lunes, mayo 27, 2024

Coronavirus Galicia: mércores 22 de abril.6.534 casos activos, 1.625 altas e 475 falecementos

INFORMACIÓN CONSELLERÍA DE SANIDADE-XUNTA DE GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.534, deles 1.485 son da área da Coruña, 614 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 520 da de Pontevedra, 1.166 da área de Vigo, 1.081 da de Santiago, e 367 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 permanecen en UCI, 585 están en unidades de hospitalización e 5.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.625 altas de pacientes e 475 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 72.858.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 4% do total das persoas residentes.
 
Respecto das 3 persoas falecidas onte en centros residenciais, 2 foron da residencia Santa Teresa Jornet e 1 da residencia DomusVi Matogrande (A Coruña).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos