16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Coronavirus Galicia: mércores 15 de abril. 6.019 casos positivos, 1.298 altas, e 391 falecementos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.019, deles 1.280 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 1.193 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 1.029 da de Santiago, e 338 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 50.396.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,8% do total das persoas residentes.
 
Respecto das 5 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi da residencia DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 da residencia de Foz (Lugo), 1 da residencia DomusVI Cangas e 2 da residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos