15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Coronavirus Galicia: sábado 11 de abril. 5.747 casos positivos, 347 falecementos e 1.082 altas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.747, deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 42.122.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,6% do total das persoas residentes.

Respecto das 8 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 na residencia Caser A Zapateira (Culleredo), 2 na residencia N. S. de la Esperanza (Ourense), 1 na residencia DomusVi Barreiro (Vigo), 1 na residencia de Moledo (Vigo), 1 na residencia DomusVi de Cangas e 1 na residencia San Pedro de Crecente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos