O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, deles 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 69 permanecen en UCI, 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro varón de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 7.936.
Seguindo instrucións do protocolo de comunicación do Ministerio de Sanidade, só se actualizarán os datos unha vez ao día.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
NOTA-CONSELLERÍA DE SANIDADE