12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Coronavirus Galicia: domingo 15 de marzo. 189 casos de persoas infectadas e dúas falecidas

Nota-Consellería de Sanidade

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 189, deles 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 8 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 148 no domicilio. Por outra banda, rexistráronxe xa as 4 primeiras  altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e dous falecementos. O segundo falecemento foi dun home de 81 anos, con varías patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus.

O número de PCR realizadas é de 1.390.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidasA Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve. 

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. 

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos