7.2 C
Santa Comba
lunes, diciembre 4, 2023

Compromiso preséntase en solitario e lamenta que o BNG “decidira falar só coa súa esquerda rupturista”

Óscar David Casais Montemuiño é o candidato galeguista á presidencia da Xunta de Galicia.

Compromiso por Galicia presentou candidaturas nas catro provincias que están lideradas por María Pilar Barreira Limia(Ourense), Juan Carlos Piñeiro Docampo(Lugo), Estela Rodríguez Mosquera(Pontevedra) e Óscar David Casais Montemuiño(A Coruña).

Unha campaña para ofrecer solucións aos galegos e galegas

Casais é o aspirante á presidencia da Xunta. Este veciño do concello de Ribeira, declarou:“Recibo o encargo do Consello Nacional, coa ilusión e gañas de traballar co que me sumei no seu día a Compromiso por Galicia. O proxecto que mellor reflexa a realidade da sociedade galega. Faremos unha campaña digna centrada en ofrecer solucións aos problemas dos galegos e galegas”.

Compromiso por Galicia non renuncia a seguir traballando

Pola súa banda, o secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo manifestou:“CxG viña propondo unha liña de unidade de acción no eido das forzas galegas dende po 28A do 2019. Non puido ser, En Marea desfíxose politicamente e o BNG decidiu falar soamente coa súa esquerda, unha esquerda rupturista. Nese escenario CxG non renuncia a seguir traballando dende a base de que o noso proxecto non se asenta en botar a ninguén, senón en que Galicia avance”.

Pola provincia coruñesa, ocupa o segundo posto Montse Almozara Cordeiro, de Santa Comba, o único concello cun alcalde de Compromiso por Galicia. Seguen Francisco Manuel Lago Iglesias(3), Raquel Pillado Rey(4) e Javier Pintos Pena(5).Do concello de Santa Comba tamén forma parte da candidatura Ana Lucía Barcia Barcia(6).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos