10.5 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

Paula Prado: Galicia co PP seguirá na estabilidade política

A viceportavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia ve “factible e viable” a consecución dunha nova maioría absoluta, pero ten claro que “hai que traballar moito” para conquerir o obxectivo.

“Imos pedir a confianza dos galegos para seguir traballando e mellorando Galicia fronte o discurso apocalíptico da oposición” declarou.

Estabilidade política en Galicia

Paula Prado puxo en valor que “Galicia é unha comunidade que goza de estabilidade política, con orzamentos que se aproban no seu momento cada ano, e que foron crecendo, na sanidade, na educacion, nos servizos sociais, e coa redución de impostos”.

A deputada popular sinala que “hai cousas que mudar, hai marxe de mellora pero non podemos obviar que, por exemplo, oito de cada dez euros do orzamento van para sanidade”.

Escoita a entrevista con Paula Prado en Radio Xallas a partir do minuto 29

“Non hai profesionais de pediatría”

Neste senso, referiuse a críticas pola atención pediátrica en distintos concellos.”Non ha profesionais da pediatría, non é un problema exclusivamente galego.Solicitamos ao estado que nos deixaran formar a sete pediatras máis pero dixeron que non”. Suliñou que as “prazas están cubertas” pero que hai un problema cando hai substitucións ou vacacións “pero non é que non haxa vontade política”.

Paula Prado: «O goberno de Pedro Sánchez está maltratando a Galicia”

Sobre o goberno de Pedro Sánchez é contundente:”O estado está maltratando a Galicia. Hai varias nubes negras no horizonte”. Citou o estatuto das electrointensivas, a modificación da Lei de Costas ou o “compromiso cero” do goberno co Xacobeo 2021.

“Gonzalo Caballero carece de toda credibilidade”

Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada” tamén tivo palabras críticas para o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero:“Caballero carece de toda credibilidade. Non apoia reivindicacións xustas como a a devolución dos 370 millóns de euros que nos deben”.

Prado del Río aludiu ao BNG “instalado na radicalidade e no independentismo” nunha sociedade galega distinta:“As galegas e os galegos son xente moderada. Eu non escoito á xente falar de independencia na rúa”.

Ou PP ou multipartito

Polo tanto a elección, para ella, é clara:”Hai duas opcións para elexir, o Partido Popular ou un multipartido coas Mareas de Podemos, o BNG e o PSOE.A xente valora a seriedade, a estabilidade e o rigor do PP frente a unha amalgama de partidos” engadiu Paula Prado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos