7 C
Santa Comba
jueves, mayo 8, 2025

Gonzalo Caballero: ”Todos os votos son necesarios. Se hai mobilización o cambio político vai a ser imparable en Galicia”

O aspirante do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, está convencido de que “se hai mobilización o cambio político vai a ser imparable” tendo claro que “En Galicia só pode haber cambio, se o PSOE lidera a maioría progresista”.

Audio entrevista a Gonzalo Caballero – PSdeG

Unha campaña electoral durísima

Para Caballero “o PP vai a xogar ao límite, vai a ser unha campaña durísima”,pero “o 62% dos galegos quere un cambio de goberno e os socialistas somos o motor dese cambio”.

O obxectivo e abrir un novo tempo despois “da lexislatura con menos actividade da historia da autonomía.A do abandono do rural e dos servizos públicos”.

Cun presidente liderando “un proxecto agónico” nun fin de ciclo. “Feijóo non ten palabra , minte de forma continua. Dixo que non había razóns para un adianto electoral e adiantou as eleccions seis meses” manifestou Caballero.

“Nin fixo política económica, nin industrial, só política de marketing” precisou o secretario xeral do PSdeG, situando no lado oposto ao goberno do estado:”Levamos catro semanas e subimos as pensións e os temas importantes para Galicia estánse encarrilando”.

Prezo do leite e peaxe da AP-9

Gonzalo Caballero comprométese a dar solucións ao sector da sanidade a tamén pensa que é factible que haxa un prezo mínimo para o sector lácteo “e o goberno central está traballando nesa liña”.

Referiuse ademais “a peaxe inasumible da AP-9”cun goberno central que “vai mudar unha situación histórica”.

Modificación Lei de Costas 

Por último, negou que o goberno estatal promova unha modificación da Lei de Costas que alteraría a situación das concesións no dominio marítimo –  terrestre.

“Hai unha campaña de intoxicación do Partido Popular, de mentiras burdas e enganos. O PP de forma impresentable tenta xerar incertezas no sector cunha campaña de confusión” manifestou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos