12.5 C
Santa Comba
viernes, abril 18, 2025

Luís Villares:”Non hai profesionais porque fixéronse políticas que os mandaron á emigración”

O voceiro de En Marea pensa que a xestión do PP en Galicia é ”nefasta” e “catastrófica” e que se caracteriza pola perda de poboación activa, a desestruturación do sector agrario e os baixo prezos do leite, o peche de escolas unitarias, a sanidade pública “desarticulada” ou porque “a xente moza seguiu marchando”.

“Exiliados económicos”

Diante da falta de pediatras, rebate a mensaxe da Xunta:”Non hai profesionais porque fixéronse políticas que os mandaron á emigración”, e os converteu “en exiliados económicos fuxindo da precariedade de Núñez Feijóo”.

Entrevista de Villares en Radio Xallas desde o minuto 30 deste audio

Indecente o prezo do leite

Luis Villares considera “indecente” que Galicia produza o 40% do leite e “garantice o abastecemento lácteo” e perciba os prezos máis baixos.
Recriminou a despreocupación do goberno do estado e da Xunta e anunciou que o seu grupo levará ao Parlamento de Galicia unha proposta de imposto para as grandes superficies para “evitar a súa proliferación e que non fagan este tipo de prácticas”, que perxudican aos gandeiros.

Bebidas azucaradas

Outra das iniciativas de En Marea (rexeitada) foi a de cargar impositivamente as bebidas azucaradas ante “o impacto negativo na saúde”, como favorecedor da diabete, caries, colesterol ou “ao longo prazo problemas cardíacos”. 

Pensa que “cunha política fiscal que disuadise o consumo abusivo” poderíase reducir un 15% o consumo destas bebidas.”Todo eran ventaxas pero o PP votou en contra”, lamentou Villares.

O líder de En Marea tamén lembrou outra proposta que foi aceptada e que vai a permitir a baixada do ive dos produtos de hixiene íntima.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos