12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

“En Marea vai denunciar calquera incumprimento que haxa, temos as mans libres e non estamos atados a ningún pacto de goberno”

Entrevista Luís Villares “Na Encrucillada”. A partir do minuto 30

Para Luís Villares, o grande erro do espazo de En Marea foi “non saber entender o encargo que tiñamos, de renunciar ás particularidades a favor dun proxecto más amplo”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas sostivo que “Podemos decidiu poñerse por libre en toda España e acabouse coa confluencia. Non poidemos evitalo. Foi unha pena”.

De tódolos xeitos non renuncia a seguir construíndo “un proxecto serio e responsable, no espazo progresista de Galicia” e asentado no feminismo, o medio ambiente e a xustiza social “cunha idea de país aberta e inclusiva”.

«Unha concentración parcelaria electoral»

Villares reitera a súa “vontade de diálogo” e incluso pensa que é “bo que haxa unha certa concentración parcelaria electoral”.

Con respecto ao “pacto a tres de PSOE, Podemos e BNG” asegura que “ten cousas boas e malas” pero garantiza que estarán vixiantes:“En Marea vai denunciar calquera incumprimento que haxa, temos as mans libres e non estamos atados a ningún pacto de goberno”.

Lembra que votaron en contra “duns orzamentos lesivos” pactados por PSOE e Podemos:”Somos incorruptibles aos nosos principios. A única forza libre de ataduras”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos