13.1 C
Santa Comba
sábado, noviembre 1, 2025

Beatriz Pino:“Estamos para rexenar a política e demostrar que se pode facer coas mans limpas e sen mochilas de corrupción”

Beatriz Pino está convencida de que hai un espazo para Ciudadanos no taboleiro político galego porque “non deixamos de crecer en afiliados pese ao batacazo electoral”.

Outro factor é que “o PP está cada vez máis escorado á dereita nesa pugna con Vox, e o PSOE máis a esquerda, un PSOE podemizado e  da man dos partidos separatistas”.

Escoita a entrevista a partir do minuto 28

A portavoz autonómica da formación laranxa afirma que “máis que nunca é necesaria unha alternativa de centro liberal.Estamos para rexenar a politica e demostrar que se pode facer coas mans limpas e sen mochilas de corrupción”

Pensa que o proxecto do PP “está consumido” xa que “acostumáronse á poltrona do poder” e están instalados na rutina. “Non nacen nenos. Temos un problema coa demografía pero non temos medidas a medio e longo prazo, só políticas puntuais” lamentou.

Beatriz Pino demanda iniciativas para loitar contra a precariedade laboral o contra e “fenda dixital” no mundo rural. Polo tanto, entende que na política galega “fai falta un refresco”. E confía en que haxa representantes de Ciudadanos no próximo Parlamento de Galicia.

Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, Pino emprazou ao PSdeG a defender aos galegos e ao BNG “a non ser cómplice” con respecto a débeda de 370 millóns de euros do ive.

O señor Sánchez estalle tomando o pelo aos galegos, ten que pagar esa débeda de 370 millóns de euros” manifestou.Tamén se referiu ao idioma galego e a postura do seu partido:”Temos que ter total liberdade para elexir o idioma. Que coñecer o idioma galego sexa un mérito e non unha obriga, que se protexa a nosa lingua pero desde a liberdade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos