O presidente de Espazo Común, defendeu a esencia da súa organización de “dar voz aos movementos cidadáns” fronte a dinámica dos partidos tradicionais que “están dirixidos por aparatistas, os que están nas oficinas e van subindo como Pablo Casado ou Pedro Sánchez”.
Pachi Vázquez destacou que Espazo Común, de tendencia socialdemócrata, progresista e galeguista, “vaise implantando pouco a pouco” sen “inquedanzas a curto prazo” pero co ánimo de ser unha ferramenta útil para a sociedade.
O PSdeG, sucursal de Ferraz
Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, lamentou que o actual Partido Socialista non se parece nada ao que dirixiu como secretario xeral:“O PSdeG é unha sucursal de Ferraz, limítanse a colgarse do globo de Pedro Sánchez”.
Lembra que “cando fun secretario xeral cada tres meses había un comité nacional onde pedían a palabra máis de sesenta persoas. Agora lémbrame máis a unha secta que a un partido político”.
Feijóo, un ventaxista nato
Sobre a política galega, considera que Alberto Núñez Feijóo, vai a ter moi complicado poder revalidar a maioría absoluta pero advertiu:“Feijóo é un ventaxista nato, un adversario potente, e sabe manexar as cordas da política”.Considera que Feijóo exprimirá ao máximo a actual lexislatura e vaticina uns resultados “axustados”.
Neste contexto, considera que a situación política estatal terá un influxo importante:“O goberno de Pedro Sánchez é gasolina de primeira calidade para mobilizar á dereita. Quen está dirixindo o país é Esquerra Republicana, que é a que decide”.
Escoita a entrevista con Pachi Vázquez desde o minuto 23 deste audio
Vázquez é moi crítico co actual presidente do goberno:”“Nunca na vida Rubalcaba ou Felipe González, o socialismo máis ortodoxo, terían actitudes como as que ten Pedro Sánchez.Isto non non ten nada que ver co PSOE que sobreviviu 140 anos na politica”.
Asimesmo lamenta que “falan de democracia, e a executiva federal é un Sí Bwana, sorpréndeme o silencio da militancia socialista que era a máis contestataria”.
O líder de Espazo Común animou aos cidadáns a participar na política e ofreceu a estrutura do seu partido ás persoas que queiran introducirse na acción política.