15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Néstor Rego:”Sería lóxico que se fose na dirección de recoñer o dereito á autodeterminación”

“Creo que Ana Pontón vai a ser unha magnífica presidenta da Xunta”. 

ENTREVISTA DESDE O MINUTO 64 DESTE AUDIO

O deputado do BNG nas cortes estatais, Néstor Rego, considera que co novo escenario político “sería lóxico que se fose na dirección de recoñer o dereito á autodeterminación, que é un dereito democrático fundamental”.

Pensa que hai que avanzar cara un “debate  profundo sobre os dereitos das nacións como Galiza forman parte do estado español”, e de xeito máis inmediato buscar “un novo status para ter máis capacidade de autogoberno”.

Rego lembrou que o estatuto de Galicia “non se modificou en corenta anos” e que na última década a autonomía “non asumiu ningunha competencia”.

                         Nacionalismo útil 

Sobre o apoio do BNG ao goberno de Pedro Sánchez, o deputado incidiu en que se trata “dun acordo de investidura e non de gobernabilidade” e  salientou que “o regreso do BNG está supoñendo que por fin se están movendo cousas positivas para Galiza”. Co recente acordo comenta que queda demostrado que “o nacionalismo é útil nun país como Galiza”.

Tamén se referiu a un dos asuntos da actualidade:“Non me parece de recibo que se neguen a devolver os 370 millóns de euros pendentes”, anunciando que “imos ser esixentes defendendo os intereses de Galiza”.

                 Boas perspectivas electorais

Néstor Rego está convencido de que “o BNG vai a ter uns grandísimos resultados nas eleccións galegas” e que “Ana Pontón vai a ser unha magnífica presidenta da Xunta”.

Considera moi importante que o BNG “lidere o cambio político” porque só está organización “garantiza que se muden as políticas” sen dependencias nin sumisións de Madrid.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos