“Creo que Ana Pontón vai a ser unha magnífica presidenta da Xunta”.
ENTREVISTA DESDE O MINUTO 64 DESTE AUDIO
O deputado do BNG nas cortes estatais, Néstor Rego, considera que co novo escenario político “sería lóxico que se fose na dirección de recoñer o dereito á autodeterminación, que é un dereito democrático fundamental”.
Pensa que hai que avanzar cara un “debate profundo sobre os dereitos das nacións como Galiza forman parte do estado español”, e de xeito máis inmediato buscar “un novo status para ter máis capacidade de autogoberno”.
Rego lembrou que o estatuto de Galicia “non se modificou en corenta anos” e que na última década a autonomía “non asumiu ningunha competencia”.
Nacionalismo útil
Sobre o apoio do BNG ao goberno de Pedro Sánchez, o deputado incidiu en que se trata “dun acordo de investidura e non de gobernabilidade” e salientou que “o regreso do BNG está supoñendo que por fin se están movendo cousas positivas para Galiza”. Co recente acordo comenta que queda demostrado que “o nacionalismo é útil nun país como Galiza”.
Tamén se referiu a un dos asuntos da actualidade:“Non me parece de recibo que se neguen a devolver os 370 millóns de euros pendentes”, anunciando que “imos ser esixentes defendendo os intereses de Galiza”.
Boas perspectivas electorais
Néstor Rego está convencido de que “o BNG vai a ter uns grandísimos resultados nas eleccións galegas” e que “Ana Pontón vai a ser unha magnífica presidenta da Xunta”.
Considera moi importante que o BNG “lidere o cambio político” porque só está organización “garantiza que se muden as políticas” sen dependencias nin sumisións de Madrid.