//Compromiso concorrerá ás eleccións en solitario ou en coalición// Demanda un galeguismo forte para “modular” ao PSOE nun hipotético goberno de coalición//
O secretario xeral de Compromiso por Galicia dixo que o “acordo de país” que se fixo co BNG foi positivo e serviu “para poñer a axenda galega e as nosas reivindicacións no Congreso”.
Juan Carlos Piñeiro indicou que se mantén ese “acordo de colaboración” e agarda que se acaden novas melloras “coa negociación dos orzamentos”.
Sobre as vindeiras eleccións afirmou que “Compromiso non desaparecerá aínda que concurramos nunha posible coalición ou federación.E se non é posible, Compromiso estará nas papeletas”.De todos os xeitos, Piñeiro pensa que “hai que ser xenerosos”.
«Os debates que está introducindo Vox, non teñen sentido en Galicia»
O líder de Compromiso ten claro que pode haber unha alternativa a Feijóo pero que se necesitan forzas galeguistas para “modular ao PSOE” nun hipotético goberno.“O PSOE de Caballero e moito máis centralista incluso co PP de Feijóo” afirmou.
Pensa que “os debates que está introducindo Vox non teñen sentido en Galicia” e entende que “non sería unha boa noticia a entrada de Vox” no Parlamento. Ten claro que de conseguir representación esta forza aliaríase cos populares.
Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, criticou ao goberno do PP:”Non son xestores, son máis administradores” queixouse Piñeiro, botando en falta a consecución de máis investimentos por parte do executivo Feijóo.