10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Nova traxedia no mar. Un mariñeiro perde a vida polo embarrancamento do “Divina del Mar”

Un mariñeiro pertencente á tripulación do pesqueiro “Divina del mar” perdeu a vida despois de que o barco embarrancase nas proximidades do Castro de Baroña, en Porto do Son. O corpo do home foi atopado aboiando na auga a cento vinte metros da posición onde se atopaba o barco encallado.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a tripulación do pesqueiro estaba composta por outras oito persoas. Tres delas chegaron polos seus propios medios a terra e foron trasladados ao Hospital do Barbanza. Por outra banda, os outro cinco tripulantes foron rescatados por tres barcos pesqueiros, nos que foron evacuados ao peirao de Portosín e, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, non precisaron asistencia médica.


O 112 Galicia tivo constancia do accidente marítimo ao fío das 4:40 horas a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca I. Nada máis recibir o aviso, para colaborar no operativo coordinado por Salvamento Marítimo, que desprazou a Salvamar Regulus ata a zona do accidente, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son, da Garda Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Fonte -AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos