12.6 C
Santa Comba
domingo, abril 2, 2023

O BNG suma o apoio de Compromiso por Galicia e integra a catro persoas deste partido nas súas candidaturas para o 10-N

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, asinaron un acordo no que se expresa o apoio desta última formación ás candidaturas do BNG nas catro provincias galegas ao Congreso e ao Senado. O documento recolle un decálogo de propostas nas que coinciden os dous partidos.

Catro militantes de Compromiso formarán parte das listaxes do BNG, entre elas a xalleira Montse Almozara Cordeiro, que ocupará o secto posto na candidatura pola provincia coruñesa.

Candidatura do BNG reforzada

Ana Pontón agradeceu o posicionamento de Compromiso por Galicia:Queremos agradecer a CxG a súa decisión de pedir o voto para a candidatura do BNG nas eleccións do 10N, que desta maneira se ve ampliada e reforzada como a candidatura de país e a única que vai poder defender os intereses dos galegos e das galegas sen dependencias das forzas estatais, que pensan que o mundo empeza e acaba en Madrid e Galiza existe e queremos existir politicamente no Estado”. 

Piñeiro:”É o momento de facer política útil”

Pola súa banda, Juan Carlos Piñeiro Docampo destacou “que é momento de facer política útil, política que sirva á xente” e quixo tamén “agradecer a xenerosidade do BNG de contar con CxG para esta posición de país porque apostamos por centrarnos naquilo que nos une e este acordo pon en valor aquelo que nos une ao servizo do país”.

Segundo BNG e CxG o este acordo “ten un único obxectivo sumar o 10N para garantir que Galiza teña representación de país no Congreso”. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,841SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos