O lembrado Lois Martínez Bascoy recibiu a título póstumo unha sentida homenaxe no Día do Partido, que organizou Compromiso por Galicia no concello de Monterroso.
Un dos compañeiros do finado Lois na agrupación de Negreira, Antonio González Alvite, foi o encargado de recibir a placa conmemorativa do secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo.
“Os teus irmáns galeguistas non te esqueceremos porque o que facemos por nós mesmos morre con nós, pero o que facemos polos demais e polo mundo, permanece na inmortalidade” podíase ler neste agasallo de lembranza.
O “Día do Compromiso Galego” comezou coa intervención do concelleiro galeguista neste municipio, Xavier Vázquez. A xalleira Montse Almozara, do consello nacional, falou sobre o “Día do Partido”. Houbo unha actuación de música tradicional e proxectouse unha entrevista a Amador Troncoso.
Logo desevolveuse a homenaxe a Lois Martínez. No acto interveu a deputada do PNV, Idoia Sagastizábal. O encargado da clausura foi Piñeiro Docampo.A xornada tivo logo continuidade cun “roteiro galeguista” e unha cea de confraternidade”