12 C
Santa Comba
lunes, junio 9, 2025

Consternación polo falecemento de Ánxela Franco

A concelleira do BNG de Porto do Son e deputada das áreas de Benestar Social e Igualdade da Deputación durante os últimos catro anos, Ánxela Franco Pouso, falecía no mediodía deste domingo 2 de xuño no Hospital Clínico de Santiago, dunha enfermidade diagnosticada fai unhas semanas.A noticia causou unha fonda consternación.

O concello de Porto do Son celebrou pleno extraordinario no que se decretaron tres días de loito. O velatorio desenvólvese no Tanatorio”Los Dolores” de Xarás en Ribeira. Este luns ás 20h os seus restos trasladaranse ata a igrexa de Santa María de Caamaño, onde se celebrará o funeral e o enterro.

Condolencias da Deputación e do concello de Porto do Son

O pasamento de Ánxela Franco provocou sentidas reaccións. Desde o concello de Porto do Son séntense “totalmente abatidos trala noticia do falecemento da nosa compañeira, Ánxela Franco; unha muller forte e valente que, como concelleira e veciña, sempre tratou de acadar o mellor para Porto do Son. Dende o Concello de Porto do Son queremos enviar toda a nosa forza e cariño á súa familia, amigos e aos membros do Bloque Nacionalista Galego, especialmente aos seus compañeiros do BNG de Porto do Son.O noso máis sincero pésame. Descanse en paz”.

Tamén lamentaron o triste suceso, nun comunicado, o presidente e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei. Lembraron que “Ánxela Franco estaba convencida de que as institucións tiñan que apoiar ás persoas máis desfavorecidas e iso foi o que defendeu con enerxía desde o goberno da Deputación da Coruña”.

Ana Pontón:»Foise unha boa e xenerosa»

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tamén lle dedicou unhas agarimosas palabras a falecida: Foise unha boa e xenerosa: Ánxela Franco. Unha muller valente, decidida e que demostrou sempre o seu compromiso con Galiza. É un día triste para todas as que tivemos a sorte de coñecela, a familia nacionalista está de luto. Envío abrazo e forza á súa familia e amizades”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos