5770 fans     1544 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Vota Partido Popular Elecciones 26M 2019
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Gonzalo Caballero espera un magnífico resultado na Costa da Morte como antesala “do triunfo do mes de maio”

Gonzalo Caballero espera un magnífico resultado na Costa da Morte como antesala “do triunfo do mes de maio”

Actualidade | Publicada: 25/04/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 20 segundos.

Entrevistado por Xosé Manuel Lema no programa “Na Encrucillada”. Escoita a entrevista a partir do minuto 31 deste audio.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, referiuse as referencias políticas que o partido ten en concellos como Dumbría, Camariñas, Muxía ou Corcubión e augurou “un magnífico resultado” do PSOE na Costa da Morte o vindeiro domingo 28 de abril “como antesala do triunfo do mes de maio”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” (que se emite no 107.5FM e tamén por internet) sinalou que “A Costa da Morte é unha parte de Galicia moi importante e representa a unha Galicia de pequenos concellos, esquecida por parte da Xunta de Galicia, con moitos problemas en dotación de servizos sanitarios, de infraestruturas, ou de transporte colectivo”.

"Non queremos gañar as enquisas, queremos gañar as eleccións"

Gonzalo Caballero chamou á mobilización xa que “estamos nunha fase de impulso moi importante, as enquisas nos dan moi ben, hai moita ilusión nos nosos votantes e a xente volve a confiar no PSOE para gobernar España”.

Non ostante aclarou que “non queremos gañar as enquisas, queremos gañar as eleccións” e chamou a evitar o triunfalismo e insistiu en pedir “o voto útil a unha forza de progreso que pode garantir o freo da dereita”.

O líder dos socialistas galegos pediu o voto “a todos os que queiran manter a senda do progreso e a aqueles que votaron a forzas emerxentes que agora non teñen o pulo necesario ou que están un pouco máis mareadas”.

Criticou que “O Partido Popular e Ciudadanos abandonaron a moderación e o centro político” e votar por estas opción supón “votar para que Vox poida gobernar España”.

Caballero defendeu o compromiso “coa España baleira e co medio rural, algo que non fixo o PP” e tamén co sector lácteo, gandeiro e mariñeiro porque “un goberno socialistas é a súa mellor garantía”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Juan Blanco:”Imos mellorar o resultado que xa tíñamos porque fixemos moito traballo”

Juan Blanco:”Imos mellorar o resultado que xa tíñamos porque fixemos moito traballo”

Escoita a entrevista a partir do minuto  66 deste audio.     O candidato do BNG á alcaldía de Mazaric…

Ler máis
María Pose:“Queremos unha Santa Comba con respecto e traballo e sen berros nin insultos”

María Pose:“Queremos unha Santa Comba con respecto e traballo e sen berros nin insultos”

“Pídovos o voto para escribir unha nova historia, que teña como protagonista a Santa Comba” asegura a candidata po…

Ler máis
Sandra Vilela:”Estamos preparados para gobernar Muxía”

Sandra Vilela:”Estamos preparados para gobernar Muxía”

La candidata del PP de Muxía propone medidas para frenar la pérdida de población. “Muxía necesita un cambio. Se…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Vota Maria Pose Santa Comba Partido Popular Cierre Campaña 26M 2019
Vota Juan Blanco Mazaricos Bloque Nacionalista Galego
Vota Raquel Rodríguez Vimianzo Partido Popular
Cena benéfica autismo Santa Comba 2019
Vota Mónica Rodríguez Vimianzo Partido Socialista Obrero Español
Vota Abraham Gerpe Coristanco Contigo Somos Democracia
SAT Busto Corzon Mazaricos
Gadis Promo O Son do Camiño
X Ruta das Tapas Santa Comba
Autos Xallas
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A soidade do cisne

Óscar de Souto

Cando algún aldeán ou "villano" espeta esa máxica coletilla de «ese non é daqui, oooh» , moi recurrente ademais nestes páramos bergantiñàns, …

Óscar de Souto
Ler máis

Debate - Espectáculo

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Este artículo trata de sintetizar varias reflexiones sobre los debates padecidos en estos últimos dos días.  Lo primero que se me viene a…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Galicia hai 20 anos. Galicia hoxe

Álvaro Rodríguez

No presente século  XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura pro…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información