8.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 30, 2022

Luís Villares:”Galicia non pode ser a primeira produtora de leite do estado e ter os prezos máis baixos e o menor valor engadido”

”Estamos convencidos de que a nosa forza política pode ser determinante no futuro goberno” afirma o voceiro de En Marea.

Entrevista con Luís Villares desde o minuto 33 do audio

O voceiro de En Marea, Luís Villares, percibe nestas eleccións “un panorama político completamente aberto” polo que se amosou convencido de que “a nosa forza política pode ser determinante no futuro goberno”.

Para Villares “o feito de que En Marea concorra como unha forza soberana e sen tutelas, colócanos nunha posición moi importante”. Reivindicou a súa formación coma a dos “herdeiros dun 15M democrático en 2011 que se veu rexuvenecido polo 15M ecolóxico do pasado mes de marzo, pasando polo 8M feminista”.

En Marea, unha opción da coherencia política

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, sostivo que “a nosa opción e a opción da coherencia política”, dunha organización que tivo como obxectivo desde sempre “desaloxar das institucións a aqueles que metían as mans saqueando o público e a aqueles que recortaban dereitos da cidadanía”.

Luís Villares aposta por un goberno progresista:”Se por nós é vai a haber unha maioría progresista”. Lamentou que o PP gobernara dous anos e tamén engadiu que co PSOE no poder e “ante unha baixada tivemos que plantarnos e dicir que burlas a Galicia non”.

O político amosouse esperanzado co futuro de En Marea:”Temos todos os ingredientes para ser a forza política que nuclee o espazo progresista en Galicia nos próximos tempos”. Ademais aseguro que representa a “única forza política parlamentaria política que demostramos que era posible ampliar dereitos sociais”.

Contratos lácteos e reforma do réxime de autónomos

O voceiro de En Marea referiuse ao prezo do leite:”Non pode ser que sendo o primeiro produtor de leite do estado teñamos os prezos máis baixos e o menor valor engadido”. Dixo que o seu grupo solicitara “contratos marco obrigatorios para garantir un prezo mínimo do leite” e queixouse de que as primas dos seguros fosen “altísimas” pero sen embargo “moitos dos danos nas colleitas non quedan contemplados”. Suxeriu unha reforma do réxime de autónomos “que é de semiescravitude” e a mellora do estatuto do profesional agrícola.

Solución para Ferroatlántica

Sobre Ferroatlántica, Villares comprometeuse a “defender estes postos de traballo ata o final”, promovendo unha modificación do sector eléctrico “para dar seguridade a estas empresas e para que ao final do mes non teñamos unha estafa na factura”.

Dentro da Costa da Morte, desde En Marea urxen a necesidade de dinamizar os polígonos industriais, acabar a vía de alta capacidade ou dotar a moitos núcleos do rural de banda ancha.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos