13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Isabel Vilalba demanda medidas contra os ataques do xabaril que comprometen a actividade agraria

Audio coa entrevista a Isabel Vilalba, a partir do minuto 29

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, emprazou as administración a «non seguir facendo o mesmo» ante os «danos moi importantes» que está causando o xabaril que están «comprometendo a rendibilidade das granxas».

Segundo a dirixente agraria «non se trata de facer anuncios» e cómpre impulsar unha redución do número de animais «xa que falamos dunha poboación de moitos exemplares» que «están levantando superficies moi grandes de terreo» sendo as medidas adoptadas «insuficientes» e supoñendo tamén un problema de sanidade animal.Aparte de medidas concretas débese «cubrir a totalidade dos danos».

Incerteza cos prezos do leite

Nunha entrevista no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas, lamentou a «incerteza» que existe con respecto aos prezos do leite que se «marcan de arriba para abaixo» o que é «unha anomalía» que se mantén no tempo.

«Ten que haber unha lei da cadea que permita unha renda digna» declarou Isabel Vilalba, que demandou a posta en marcha dun plan de apoio ao sector lácteo que garantice «unha marxe adecuada» de beneficio para as explotacións.

Outras das cuestións prioritarias para o S.L.G. é a da base territorial.»É moi necesario protexer a terra agraria e ter unha base territorial dunha maneira áxil» sentenciou a súa portavoz.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos