7.5 C
Santa Comba
sábado, abril 26, 2025

O Espazo Común de Pachi Vázquez

Novo partido de ámbito autonómico promovido polo exlíder dos socialistas galegos.

O Espazo Común promovido polo ex-líder dos socialistas galegos Pachi Vázquez presentouse como «un movemento cidadán de acción política» co obxectivo de «dar un espazo en política aos que queiran traballar pola xente».

Deste xeito Vázquez cumpriu coas súas pretensións e botou a andar  este «movimiento socialdemócrata, galeguista, progresista e constitucionalista”. Segundo desvelou nun acto público, «xa temos pechadas cerca de vinte candidaturas na provincia de Ourense». Tamén confirmou contactos nas provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña.

Espazo Común

No acto de presentación aos medios, Pachi Vázquez estivo acompañado polo exportavoz do PSOE na Deputación de Ourense, Francisco Fraga, pola exportavoz no concello de Maceda, Ana María Rodríguez e pola veterana política María Quintas, que foi deputada autonómica e exconcelleira na cidade das Burgas.O líder do Espazo Común recoñeceu que tamén houbera contactos co alcalde de Becerreá Manolo Martínez.

Vázquez Fernández amosouse crítico coa liña do PSOE «un partido que era de diálogo, tolerancia e convivencia e onde non era delito dicir cousas distintas pero no que xa había un ambiente irrespirable e que está flirteando con forzas non constitucionalistas como ERC, PDeCAT ou Bildu».

Reaccións no PSdeG

O lanzamento de Espazo Común xa provocou reaccións desde o PSdeG. O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, opina que Pachi Vázquez iniciou un camiño cara ningunha parte.»Non merece máis atención ca deunha anécdota política que se produice cando comeza o entroido».Pola súa parte o secretario provincial do partido en Pontevedra, David Regades, está convencido de que a proposta non terá «oco» en Pontevedra. O secretario da formación en Ourense, Rafael Villarino aplaudiu a marcha destes dirixente do PSOE porque «non tiñan ideas e lastraban».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos