13 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Ana Miranda: “O BNG en Europa fai un traballo en defensa do país”

A eurodeputada nacionalista Ana Miranda defendeu o traballo “en defensa do país e da nación” feito polo BNG no Parlamento Europeo que supón “defender aquí cuestións tan significativas e tan galegas como os sectores produtivos, e a defensa das liberdades, nun momento no que hai un retroceso claro”.

En declaracións a Adiante Galicia, recollidas polo xalleiro Xosé Abelenda, no seu dunha xuntanza de dirixentes do BNG na diáspora que se celebrou en Bruxelas, Miranda salientou a súa laboura no aspecto medio ambiental no caso “da xestión das rías, da Rede Natura ou na loita contra os incendios”.

Segundo Ana Miranda tamén houbo un compromiso firme“en temas que tocaron moito a Galicia como o relacionado co roubo que se lle fixo aos emigrantes retornados, a volta da emigración nova ou que dicir do accidente do Alvia”

Un plan de retorno para emigrantes

A eurodeputada lembrou a importancia do parlamento comunitario:Aquí é onde se decide a política europea que é o 85% da lexislación”. Deixou claro que o BNG loita contra a fraude fiscal pero lamentou que as veces “confúndense aos grandes investidores cos pequenos inversores, porque unha cousa é quen traballou na diáspora e outra os empresarios con ánimo de lucro”.

Miranda avogou por impulsar un “un plan retorna” para emigrantes mozos como o que elaborou “cando estivemos no goberno da Xunta”. Indicou que no programa no BNG hai medidas para evitar a dispersión e a crise demográfica de Galicia, con políticas de xustiza social e que promoven a “abolición das reformas laborais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos