9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Compromiso quere que o Día Nacional de Galicia recupere a súa significación na sociedade civil

Juan Carlos Piñeiro Docampo reuniuse con Carlos Mouriño.

Compromiso por Galicia pretende que o Día Nacional de Galicia diversas entidades e asociacións realicen “unha sentida homenaxe” no Panteón dos Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, trasladou esta proposta ao presidente do R.C. Celta de Vigo, Carlos Mouriño, como responsable “da maior entidade deportiva galega”.

Desde CxG explican que este “é un acto no que nas últimas décadas ten desaparecido a sociedade civil galega” e polo tanto queren “recuperar a súa significación para todos os galegos e galegas,  neste sentido entenden que unha homenaxe onde participen clubes deportivos, asociacións culturais, asociacións empresarias e demais entidades representativas da sociedade galega seria unha mais do que sentida homenaxe”.

Papel importante do R.C. Celta

Piñeiro Docampo declarou que “a proposta aínda que parte de Compromiso, é a sociedade galega e as diversas entidades que a representan quen ten que avanzar nela”. Entenden que o R.C. Celta “debe ter un papel de motor e impulsor da mesma”.

O partido galeguista anuncia que seguirá “mantendo reunións co resto de clubes e entidades do País impulsando esta necesaria medida fronte aqueles que queren sociedades homoxéneas e grises “.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos