12.5 C
Santa Comba
jueves, abril 4, 2024

Orzamentos Estado 2019: labazada a Galicia, decepción, discriminación ou compromiso social?

 Os orzamentos xerais do Estado presentados polo executivo de Pedro Sánchez provocaron críticas e rexeitamento en Galicia, a excepción do PSOE, que defende o carácter social dos mesmos e asegura que supoñen un aumento de 207 millóns de euros sobre o orzamento vixente.

Para o goberno galego representan unha baixada do 18% con 163 millóns de euros menos e son unhas contas “irreais” e que discriminan a Galicia. Destacan a baixada global dos investimentos do Ministerio de Fomento e a subida de impostos como o do diésel que repercute directamente nun millón de condutores de Galicia.

O deputado do Partido Popular, Celso Delgado, non  ocultou a  súa decepción  coas  contas: “Estes  presupostos castigan gravemente os intereses de Galicia, pasamos de  ter un  investimento  co  Goberno presidido por Mariano Rajoy de  máis  do 9% non 2018  ao 6,22%  do  investimento territorializado, o  máis  baixo dous últimos anos.  Sen embargo, Cataluña pasa  do 13 a un 17% de  investimento”.

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz tachou as contas de “decepcionantes” e «inadmisibles» e denuncia os incumprimentos do goberno en materia de emprego e seguridade social.

Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, os orzamentos “pactados polo PSOE e Podemos  máis En Marea” supoñen unha 
“labazada  na cara de Galiza”.

Tamén se mostrou crítica a portavoz de Cidadáns, Olga Louzao, a través das redes sociais: “Menos mal que o goberno de Pedro Sánchez faría posible que Galicia xa non fose unha comunidade de segunda. Desexando escoitar as explicacións dos dirixentes galegos socialistas”.Outra voz crítica  é a de Compromiso por Galicia que  cualifica  as  contas como “ unha agresión a Galicia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos