Desde a redacción de Adiante Galicia queremos desexar a todos os nosos lectores, colaboradores e anunciantes un Bo Nadal e un próspero ano novo. Co voso apoio este proxecto foi crecendo e consolidando ata situarse como un dos diarios dixitais de referencia na provincia coruñesa e tamén en Galicia.
Con medios humildes estamos a cumprir o noso soño. Ofrecer un medio plural para miles de persoas. O primeiro é para nós irrenunciable. O segundo é posible grazas a todos vós.
Con cada lectura, con cada gústame, con cada noticia que compartes estás a facer máis grande este proxecto. Mil grazas!
Lembrando ao vello galeguista que nos inspirou… Adiante, tarefa escura pero adiante. Adiante!!
Bo nadal e próspero 2019