13:15- Luís Villares gaña as primarias
12:40
Anuncio do Comité electoral:A candidatura Coidando a Casa, encabezada por Luís Villares, gañou as eleccións co 59,24% dos votos (1.596), mentres que a candidatura encabezada por David Bruzos, Entre Todas, obtivo o 40,76% (1.029) dos sufraxios, nunhas eleccións na que a participación foi do 56% (2.625) das persoas inscritas que tiñan dereito a voto (4.800).
11,15-
O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado tuitea sobre as primarias de En Marea
«Salvo para acreditar as miñas dotes como futurólogo, para Galicia é o mellor dos resultados posibles. Unha sonora derrota dos alcaldes das Mareas, preludio do batacazo que sufrirán nas Municipais de maio».
11:10-
Entre Todas esixe unha auditoría independente antes da proclamación definitiva dos resultados. A candidatura encabezada por David Bruzos denuncia » indicios claros de falta de imparcialidade» xa que «o reconto dos votos se fixo sen presenza dos interventores de Entre Todas e as votación non están auditadas e rexistráronse numerosos incidencias que impediron o voto de moitas inscritas».
Desde Entre Todas anuncian que abrirán «un período de reflexión sobre o futuro do espazo da Unidade Popular, e non descarta tomar medidas legais pola vulneración dos acordos do Plenario do 27 de outubro».
10:55-
Luís Villares derrota a David Bruzos. Segundo informou a TVG Villares gañou as primarias cun 59,24% dos votos, mentres que o ser adversario David Bruzos obtivo o 40,76% dos apoios. Son datos provisionais. O comité electoral pronunciarase as 11,30 desta mañá. Seguiremos informando noutros boletíns incluídos neste artigo.