“En Compromiso as pataletas non valen” sinalan fontes da formación mentres Piñeiro asegura que se cumprirán os estatutos do partido para a elección do candidato á alcaldía de Ourense.
Fontes de Compromiso por Galicia sinalaron a Adiante Galicia que Xosé Mosquera “estaba na dirección así que non pode protestar porque non se fagan as cousas ao seu antoxo.En Compromiso as pataletas non valen”. Tamén defende o carácter “democrático” da formación.
A mesma fonte tamén sinala que o histórico galeguista era “do grupo de confianza da secretaría xeral” pero non era nin secretario local ni comarcal de Ourense.
Piñeiro:”Será a agrupación de Ourense a que fale”
En declaracións ao xornal La Región, o secretario xeral Juan Carlos Piñeiro Docampo asegurou que “con Mosquera vaise un valor humano para o galeguismo”.
Situou esta marcha dentro da vida normal do partido e asegurou que o proxecto seguía con forza en Ourense.
Piñeiro Docampo quixo deixar claro que non había ningunha imposición de Tino Iglesias como candidato á alcaldía da cidade, e que “será a agrupación de Ourense a que fale”.