14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Ana Pontón: ”Somos nacionalistas porque o pobo galego existe e Galiza é unha nación e ten dereito á súa autodeterminación”

O Bloque conmemora cen anos de nacionalismo reivindicando que ”é máis necesario ca nunca”.

 
En Lugo, o Bloque Nacionalista Galego organizou un acto para conmemorar os cen anos anos da Asamblea nacionalista de 1918 nesta cidade.Un século despois, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que o nacionalismo é hoxe  máis necesario que nunca para defender Galiza”.
 
Para Pontón o nacionalismo galego “é un movemento social, transformador, de progreso e de modernidade”.  Un movemento emancipador, a favor da diversidade, da xustiza social, a igualdade e solidariedade entre os pobos”.
 
Reivindicou o papel do BNG “forte e cohesionado que traballa con humildade” e insistiu nunha das ideas forza do seu discurso:”Somos nacionalistas porque o pobo galego existe e  Galiza é unha nación e ten dereito á súa autodeterminación”.

 

Un programa político ambicioso para Galicia

 
Ana Pontón demandou un programa político ambicioso para Galicia:”Queremos xestionar racionalmente o noso monte, protexelo do lume e da peste do eucalipto e de ENCE. Queremos  estaleiros coas gradas cheas. Construír barcos e non  desfacelos a base de subvencións europeas. Un país cun banco de terras e banca propia, pública e  comprometida co tecido produtivo, a innovación e  desenvolvemento.Un país coa enerxía do vento e do talento”.  Investigación,  coñecemento, innovación. A patria da xenómica, da biomedicina, da enxeñaría espacial, da acuicultura… Da ciencia e da conciencia da que naceron Zeltia e mil empresas máis”.
 
Xunto con este acto e baixo o lema “ Somos unha nación” o BNG está desenvolvendo unha campaña nas redes sociais que tamén chegará a vilas e cidades do país.
 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos