Lanzan «Sumar por Galiza» #ACanciónDo25 // Ana Pontón:»É importante sumar por este país nun día de celebración e de reivindicación».
O Bloque Nacionalista Galego quere que se celebre por todo o alto o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, e con este motivo, a portavoz nacional Ana Pontón está liderando un chamamento lanzado desde a organización e dirixido a tódolos galegos e galegas.
Loitas do proxecto nacionalista
“Participemos e mobilicémonos porque é de todas as loitas que están detrás do proxecto nacionalista: A reivindicación do dereito a ter un traballo, a que xuventude non se vexa obrigada a emigrar a que as mulleres vivamos en igualdade real sen ter que sufrir a violencia de xénero” declarou Ana Pontón nun dos últimos actos públicos.
Este ano cúmprese o cincuenta aniversario desde que en 1968 o nacionalismo retomase a celebración desta data. O vindeiro mércores, o BNG volverá levar a milleiros de persoas a capital de Galicia. Ana Pontón pensa que no 2018 a defensa de Galicia “é tan revolucionaria” como o era no ano 68.
O BNG acaba de difundir #ACanciónDo25. O tema «Sumar por Galiza» composto por Jasper do grupo Nao, e que conta coa colaboración de Aida López (Voz), Amós Varela (Batería), Anxelo de Xermar (Baixo), Alberto Busto (guitarra), Miguel Duarte (guitarra), Paula López Lodeiro (Trombón), Iago Pico (Saxofón).