19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

Sanidade asegura que está a optimizar o modelo de atención pediátrica

“O modelo implantado en período vacacional consiste na agrupación nun centro de saúde dos pediatras dispoñibles, para dar unha cobertura aos pacientes dos concellos limítrofes” aseguran desde o goberno galego.

Centros de referencia para a atención pediátrica

O conselleiro de Sanidade defendeu no Parlamento de Galicia a necesidade dun novo modelo de atención pediátrica para o período vacacional: “E o queremos facer por medio deste novo modelo de pediatría, que ten como obxectivo garantir, de forma permanente e estable, a atención pediátrica nos centros de referencia que cubrirán zonas xeográficas máis amplas”.

Segundo Jesús Vázquez Almuiña este modelo consiste “na agrupación nun centro de saúde dos pediatras dispoñibles para dar unha cobertura aos pacientes dos concellos limítrofes, con mínimos desprazamentos para os pacientes” (Unha media de 15 minutos, segundo afirmou o conselleiro).

Na súa comparecencia explicou que “a maioría destes centros de referencia de atención pediátrica en centros de saúde de atención primaria contarán cun mínimo de dous pediatras que garantan a asistencia de luns a venres”.

Enfermería especializada en pediatría

Deste xeito segundo Almuiña “conformaranse equipos multidisciplinares, cun mínimo de dous profesionais especializados en pediatría coa presenza, por primeira vez, de enfermería especialista de pediatría con dedicación exclusiva”.

Segundo o conselleiro, “os pediatras itinerantes que prestan asistencia discontinua en localidades diferentes incorporaranse a estes novos equipos estables de luns a venres. No caso de dificultades para desprazarse ás novas ubicacións, os pacientes sempre poderán optar por seren atendidos no seu centro de saúde habitual polo seu médico de familia”.

Galicia, das comunidades con maior taxa de cobertura pediátrica

Ademais Vázquez Almuiña indicou que esta reorganización foi consensuada coas sociedades científicas de pediatría de Galicia, e que Galicia é unha das comunidades autónomas con maior taxa de cobertura pediátrica, cercana ao 90%.

Para a consellería este modelo ten vantaxes para pacientes e profesionais. Para os usuarios “supón o acceso á atención pediátrica especializada en centros de saúde todos os días da semana con horarios máis amplos, garantindo, deste xeito, a continuidade asistencial”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos