Os integrantes de Long Hope, asociación de ex mariñeiros de Noruega, manifestáronse este pasado venres diante das sedes da Organización Internacional do Traballo (OIT) e da Organización das Nacións Unidas (ONU) en Xenebra (Suíza).
Os mariñeiros piden que a OIT obrigue a Noruega a cumprir cos convenios asinados, e que a ONU impida que «o país escandinavo siga violando os dereitos humanos dos 12 mil traballadores que reclaman o pago das súas xubilacións», mentres Noruega sigue sen recoñecer o dereito á xubilación dos mariñeiros embarcados na súa frota ata 1994.
Ao mediodía, foron recibidos por Horacio Guido, da oficina de Normas Internacionais do Traballo da OIT, onde expuxeron a súa situación e exisiron que se cumplan as leis internacionais do traballo.
Alberte Paz, representante de Long Hope, sinalou que sofren unha grande discriminación pola parte do goberno de Noruega e sofren ata a data de hoxe abandono polo goberno español e agarda que o novo executivo se implique máis e tome a serio as súas reivindicacións.
A concentración contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego en Suíza. O seu portavoz, Xosé Abelenda, acompañou aos mariñeiros en Xenebra e brindoulles todo o apoio de parte da organización, «xa que de novo os nosos emigrantes son inxustamente tratados»,sinala o xalleiro. Xosé Abelenda.