5854 fans     1548 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera optarán ás alcaldías de Santiago e A Coruña polo BNG

Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera optarán ás alcaldías de Santiago e A Coruña polo BNG

Actualidade | Publicada: 22/06/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 35 segundos.

Europa Press//Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera serán os candidatos do BNG ás alcaldías de Santiago e A Coruña, respectivamente, nas eleccións municipais do próximo ano. As localidades coruñesas celebran na tarde noite do venres as súas asembleas, nas que os militantes frontistas referendarán a Sanmartín e Jorquera como cabezas de lista para os comicios da próxima primavera.

Os nomes da vicepresidenta da Deputación da Coruña e o do presidente da Fundación Galiza Sempre son os escollidos pola dirección nacional do Bloque e, previsiblemente, serán referendados polas asembleas locais da formación frontista.Así, Sanmartín substituirá ao actual portavoz do BNG en Santiago, Rubén Cela, candidato nas dúas últimas citas electorais e que hai dúas semanas anunciou que non repetiría o próximo ano por motivos "exclusivamente" persoais.

Á súa vez, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta nas autonómicas do ano 2012, Francisco Jorquera, encabezará a lista coa que os nacionalistas tratarán de mellorar o resultado obtido na cidade herculina no ano 2015, cando tan só lograron unha acta de concelleira, ocupada por Avia Veira.

Deste xeito, a formación que lidera Ana Pontón continúa co proceso de elección de candidatos para as municipais, que espera ter definidos antes do 25 de xullo, polo menos nas sete principais cidades.

Así, confirmado que Miguel Anxo Fernández Lores aspirará a lograr o seu sexto mandato en Pontevedra e que Rubén Arroxo e Iván Rivas encabezarán de novo as listas de Lugo e Ferrol, respectivamente; coa elección de candidatos na Coruña e Santiago tan só faltan por despexar as incógnitas de Ourense e Vigo, onde o BNG quedou sen representación na última cita coas urnas.

SANMARTÍN E JORQUERA

Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Goretti Sanmartín --A Estrada (Pontevedra), 1964-- é coordinadora da Executiva nacional do BNG. Ademais, é edil no Concello de Santiago desde 2015, ano no que se converteu en vicepresidenta da Deputación da Coruña grazas ao pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas.

Francisco Jorquera --Ferrol, 1961--, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi elixido senador por designación autonómica no ano 2005 en substitución de Anxo Quintana. Tres anos máis tarde logrou un escano no Congreso logo de encabezar a lista do BNG nas eleccións xerais de 2008, resultado que repetiu en 2011.

Jorquera retornou a Galicia para optar á Presidencia da Xunta nos comicios autonómicos de 2012, nos que o BNG caeu até os sete escanos. Ostentou a portavocía parlamentaria durante a pasada lexislatura e, ao termo da mesma, anunciou a súa renuncia a ir nas listas electorais. Desde entón, preside a Fundación Galiza Sempre, ligada á formación frontista.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Investigan a un vecino de Ames por un presunto delito de maltrato animal

Investigan a un vecino de Ames por un presunto delito de maltrato animal

Foto-Guardia Civil Un vecino de Ames está siendo investigado por un presunto caso de maltrato animal, después de qu…

Ler máis
Rechazan por segunda vez los sueldos del alcalde de A Baña, José Antonio Pereira y de la edila Mónica González

Rechazan por segunda vez los sueldos del alcalde de A Baña, José Antonio Pereira y de la edila Mónica González

    El alcalde de A Baña, José Antonio Pereira, sigue sin sueldo. Lamenta que la situación es “ingobern…

Ler máis
Mazaricos presentará un recurso contra el fondo de compensación ambiental de la Xunta

Mazaricos presentará un recurso contra el fondo de compensación ambiental de la Xunta

El alcalde de Mazaricos pide que la Xunta regule las indemnizaciones eólicas El alcalde de Mazaricos, Juan José B…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Carballeira Zas 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información