5053 fans     1427 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
ElectroXallas

O PP denuncia a falsificación dun cartel da Xunta por parte do concello de Fisterra

O PP denuncia a falsificación dun cartel da Xunta por parte do concello de Fisterra

Actualidade | Publicada: 25/04/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 3 segundos.

Piden explicacións e acusan ao alcalde de irresponsabilidade, incompetencia e prepotencia.

Cartel orixinal da charla

O Partido Popular de Fisterra denuncia “a irresponsabilidade” do alcalde de Fisterra, José Marcote, ao que responsabiliza da “manipulación inadmisible” dun cartel institucional “prexudicando gravemente aos veciños de Fisterra”.

Segundo lembran os populares a Xunta de Galicia tiña convocado para este xoves 26 de abril un acto informativo sobre axudas para a rehabilitación de vivendas, ás oito da tarde na confraría de pescadores.

“A estas xornadas estaba convidado o alcalde que nun acto de soberbia non aceptou ir á Confraría de Pescadores e convocou sen autorización e pola súa conta esta mesma xornada informativa no salón de plenos da casa consistorial a través do Facebook oficial do Concello” denuncia o grupo que lidera José Manuel Traba Fernández.

"Os prexudicados son os veciños de Fisterra"

Desde o PP informan que con motivo desta segunda convocatoria a Xunta optou por cancelar este acto.”Unha vez máis os prexudicados coma sempre son os veciños de Fisterra pola incompetencia deste alcalde que non deixa de sorprendernos coa súa prepotencia” critican.O Partido Popular de Fisterra anuncia que “o alcalde terá que dar explicacións e pedir desculpas e identificar á persoa que falsificou un cartel oficial. Estamos a falar dun feito moi grave”.

No seu comunicado de prensa engaden:”Supoñemos que se culpará á técnica de informática, igual que se fixo cando se manipulou o sistema de votación para o cambio de nome da Rúa Manuel Lago Pais e en pleno culparon a esta empregada. Tamén pode ser que culpen á Policía Local, xa a responsabilizaron de entregar os pases da rúa peonil, cando todos sabemos que o responsable era un concelleiro que ultimamente se adica a perseguir pingüíns pola praia da Ribeira”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Andrés García expresó el apoyo a Unión Barcalesa con una visita a Cuba

Andrés García expresó el apoyo a Unión Barcalesa con una visita a Cuba

El presidente de Unión Barcalesa agradece el apoyo del ayuntamiento de A Baña.   El alcalde de A Baña re…

Ler máis
Diego Calvo dice que está “prácticamente cerrada” la integración de Tega en Santa Comba

Diego Calvo dice que está “prácticamente cerrada” la integración de Tega en Santa Comba

“Iso nunca lle gusta a todos, pero o que tratamos e de ser mais fortes, deixar os temas personais aparte e traballar p…

Ler máis
El Partido Popular intenta apagar el fuego interno en el ayuntamiento de Cee

El Partido Popular intenta apagar el fuego interno en el ayuntamiento de Cee

La junta gestora quiere hablar con los afiliados que decidieron darse de baja del partido.Los críticos censuran a la di…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Electrodomésticos Angel
Letras Gallegas Santa Comba 2018
Concello de Coristanco
Enova Energia
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

A irmandade xurídica galega fóra da burbulla

Xosé González Martínez

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os  recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes  é das institucións, e nomeadament…

Xosé González Martínez
Ler máis

As "joint ventures" russo-chinesas ou de como o cobre galego acabaria na China

Daniel Lago

  Este parece um título de um livro de aventuras para adolescentes daquela serie da Enid Blyton. Poderia ser, mas não é esta a hipótese na que…

Daniel Lago
Ler máis

O tímido galeguismo das universidades

Xosé González Martínez

O día 9 de marzo de 1933, fai agora,xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial signif…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información