5163 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Ángeles Vázquez:“Grazas á PAC os cidadáns europeos gozamos de seguridade alimentaria”

Ángeles Vázquez:“Grazas á PAC os cidadáns europeos gozamos de seguridade alimentaria”

Actualidade | Publicada: 25/04/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
7
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 55 segundos.

Comparecencia da conselleira do Medio Rural no Parlamento de Galicia.

“Temos ao sector do noso lado, temos ás institucións do noso lado e estou segura de que tamén vostedes están ao noso carón” declarou no Parlamento de Galicia a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez nunha comparecencia a petición propia para falar da reforma da PAC máis alá do ano 2020.

Na súa intervención lembrou a proposta do goberno de estado para achegar máis fondos aos orzamentos europeos para contrarestar os efectos do Brexit e salvar a PAC:“En España contamos con máis de 47.000 millóns de euros para o período 2014-2020, froito da decisión do presidente Rajoy de dar prioridade ao sector agroalimentario e de defender as rendas dos agricultores”,sinalou Vázquez.

Desde a Xunta defenden o mantemento dos ingresos da PAC. Vázquez Mejuto destacou os beneficios da PAC para Galicia:”Grazas á PAC os cidadáns europeos gozamos de seguridade alimentaria” apuntou. E puxo en valor que estas políticas contribúen a manter un “campo vivo e a forma de vida rural”, así como a preservar os seus valores naturais.

Aumento dos pagos directos en Galicia

Segundo a conselleira, entre 2008 e 2015 os pagos directos aos agricultores e gandeiros galegos medraron nun 8,4%, pasando de 154 a 167 millóns de euros. Para Ángeles Vázquez “é de vital importancia” que se manteñan os dous piares da PAC e salientou que o primeiro piar, de axudas aos agricultores, permitiu a adopción de métodos de produción agrícola e gandeira sustentables(pago verde) e favoreceu a actividade agraria e o incremento das rendas dos produtores para apoiar a viabilidade económica das granxas.

En referencia ao segundo piar, o desenvolvemento rural, “trata de responder aos numerosos retos económicos, ambientais e sociais do século XXI”, indicou a conselleira, e ademais “permite que formulemos os nosos propios programas de desenvolvemento e que sexan os propios actores do territorio, a través do enfoque Leader, os que se ocupen dos problemas locais”.

Singularidades de Galicia 

Ángeles Vázquez referiuse aos retos do futuro que pasan por garantir “unha produción viable de alimentos”sen esquencerse do cambio climático, a xestión sostible e o mantemento da economía rural.A conselleira do Medio Rural ofreceu varios datos. A distribución dos pagos da PAC na última década, en Galicia,  superou os 2.600 millóns de euros, achegándose a uns 33.000 beneficiarios/ano.En Europa hai 22 millóns de persoas que traballan na agricultura.

Vázquez considera fundamental que a PAC “contemple as singularidades de Galicia ”tales como a dispersión da poboación, a súa condición de líder nacional en produción de leite, o elevado número de parcelas da súa superficie agraria (máis de 15 millóns) ou o feito de ser unha destacada rexión europea produtora de alimentos de calidade, sendo a terceira comunidade máis importante de España e territorialmente a primeira.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El alcalde de Coristanco llevará los presupuestos al pleno del próximo martes

El alcalde de Coristanco llevará los presupuestos al pleno del próximo martes

Las cuentas llevan prorrogadas desde hace varios años “co prexuízo que isto causa aos veciños” señala el mandata…

Ler máis
Tito Mosteyrín: memoria gráfica de un gallego en la División Azul

Tito Mosteyrín: memoria gráfica de un gallego en la División Azul

Augusto Mosteyrín Pequeño, conocido por Tito Mosteyrín, era un joven de Corcubión que se alistó en la División Azu…

Ler máis
O Bloque pide unha mobilización masiva no Día da Patria Galega

O Bloque pide unha mobilización masiva no Día da Patria Galega

Lanzan "Sumar por Galiza" #ACanciónDo25 // Ana Pontón:"É importante sumar por este país nun día de celebración e d…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Ruta CH Santa Comba 2018
Autos Xallas
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Galeguistas e nacionalistas no 25 de xullo

Xosé González Martínez

Está rulando polas redes sociais un novo anuncio publicitario chamando ao consumo de produtos galegos etiquetados no noso idioma. Unha creación de P…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónica da II Restauración.A UMG celebra o seu XVII Congreso.¿Berlín ou Tailandia?

Álvaro Rodríguez

A organización xuvenil  UMG, mocidades da  UPG, organización hexemónica do nacionalismo galego, celebrou o sábado 7 de xullo de 2018 o seu  XVI…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónica da II Restauración: Borrell “O xeneroso”

Álvaro Rodríguez

O  ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Josep Borrell,  o novo, e o mesmo de sempre, o que foi concelleiro en  Majadahond…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información