Reclamación das asociacións Petón do Lobo e o Ouriel do Anllóns.
A Organización das Nacións Unidas(ONU) admitiu a trámite unha queixa presentada polas asociacións Petón do Lobo e o Ouriel do Anllóns pola “constante obstaculación” da Xunta de Galicia para facilitar o acceso á información sobre os proxectos mineiros de Varilongo, no concello de Santa Comba, e San Finx, no municipio de Lousame.
O goberno galego, a través do Ministerio de Agricultura, deberá explicar a súa actuación ante estas peticións. Non é a primeira vez que acontece algo similar, xa que a Xunta xa fora reprobada na problemática de Corcoesto.
Recorreron a ONU ante a indiferenza da Xunta
Os dous colectivos, integrados na rede ContraMINAcción, interesáronse polos expedientes das minas de Lousame e Santa Comba e tamén sobre “diversos inventarios sobre os riscos de balsas e escombreiras de labores mineiras abandonadas”.
Os colectivos aseguran que tiveron que dar este paso despois de que o goberno autonómico ignorase as súas peticións de información, algo que está a sucederá, ao parecer, tamén coa mina de Touro.