20:00h Domingo- Información Xunta
O CIAE 112 Galicia xestionou un total de 671 incidencias durante o temporal
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia ven de rexistrar un total de 671 incidencias ao longo do episodio meteorolóxico adverso que afectou á nosa comunidade autónoma.
O maior número de intervencións producíronse na provincia da Coruña, onde se contabilizaron 283 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 264; Lugo con 73 e Ourense con 51 incidencias xestionadas.
Os concellos máis afectados foron Santiago de Compostela, Ames, Carballo e Bergondo, na provincia da Coruña; e Pontevedra, A Estrada e Vigo, na provincia de Pontevedra.
Por outra banda, a maioría das incidencias estiveron relacionadas coa caída de árbores e pólas nas estradas (324); e obxectos varios nas vías de circulación (69)
21:00h- Información Xunta
O Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia leva xestionadas dende as 24 horas de onte ata agora un total de 155 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar á nosa comunidade autónoma.
Nestas últimas horas, foron xestionadas 155 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 62 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 56; Ourense con 20 e Lugo con 17 incidencias xestionadas.
Os concellos máis afectados foron Ames, Carballo, Val do Dubra, na provincia de A Coruña; e Barro, O Porriño, Vigo e Vilagarcía de Arousa. En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, e obxectos e restos varios nas estradas.
Alerta vermella
A Xunta lembra que ante a alerta de nivel vermello que dará comezo esta noite no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da provincia de A Coruña, con ondas de ata 9 metros por mar combinada do oeste, é recomendable manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos.
Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
18,45h- Información Xunta
O Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia leva xestionadas dende as 24 horas de onte un total de 102 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar á nosa comunidade autónoma.
Nestas últimas horas, foron xestionadas 102 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 40 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 36; Ourense con 19 e Lugo con 7 incidencias xestionadas.
Os concellos máis afectados foron Ames, Boimorto, Val do Dubra, Teo e Padrón, na provincia de A Coruña; e Vigo, Moaña e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas.