7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Luís Villares:“Temos un plan para cambiar o futuro. Sede cómplices comigo”

Luís Villares propón elevar o gasto público total, pasando do 26% ao 36% do PIB “para destinalo integramente ás políticas públicas que incrementen o benestar e xeren confianza no futuro”.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, participou no Fórum Europa – Tribuna Galicia, desde onde lanzou unha invitación para impulsar “un futuro en común co que identificarnos, os que formamos hoxe esta realidade incerta chamada Galicia”.

Villares referiuse a crise demográfica de Galicia que “non é devalo; é implosión, así deberíamos chamarlle; pero é unha implosión social e cultural, unha implosión económica, unha implosión territorial, que acaban por crear un estado de opinión, difícil de desmontar”.

Avogou por crear “unha realidade onde haxa expectativa de futuro”, e que faga fronte aos “tres velenos” da política actual: a precarización laboral, a fenda salarial e a insolidariedade.

Na súa intervención, Villares tamén demandou un sistema fiscal xusto e solidario coas familias con fillos, e reivindicou o dereito a vivenda digna:”Mentres a xente busca desesperadamente vivenda hai pisos baleiros, en poder da SAREB, que nin benefician a quen os ten nin axuda a quen os precisa”.

Para o voceiro de En Marea “non hai dereitos sociais sen orzamentos sociais” polo que propuxo “elevar o gasto público total, expandindo ao máximo legal o orzamento da Xunta, para acadar a media europea, pasando do 26% ao 36% do PIB “para destinalo integramente ás políticas públicas que incrementen o benestar e xeren confianza no futuro”.

No seu discurso tamén aludiu a outros temas como a peaxe da AP-9, o modelo forestal ou a necesidade de distintas medidas en materia industrial.”Non hai abandono do rural, hai abandono do país. Todas as cidades perden poboación nova, Non hai deserción, hai expulsión” dixo Luis Villares.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos