10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Homenaxe a Castelao en Rianxo o vindeiro sábado

Pecharán o acto dous dirixentes do Partido Nacionalista Vasco. Asistirán Luís Villares, Mini Rivas e Miguel Anxo Fernán Vello, entre outros.

O vindeiro sábado 27 de xaneiro Rianxo acollerá unha homenaxe ao político galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, con motivo do 132 aniversario do seu nacemento en Rianxo. 

Distintas intervencións

Os actos organizados polo Partigo Galeguista consistirán nunha recepción(11,00h) na casa do concello polo alcalde Adolfo Muíños. Despois no Cuartel Vello(praza do concello), a partir das 12,00, intervirán Francisco López “Chesqui” (Partido Galeguista), José Luis Rivas (BNG), Luís Villares (En Marea), Miguel Anxo Fernán Vello (Anova), César Ramos (Compromiso por Galicia), Fernando Alonso (Coalición Galega), Xosé Collazo (PCPG), Segundo González (F.O.G.), Carlos Mella (Fundación Castelao), Valentín García Bóveda (Fundación Alexandre Bóveda), Quico Domínguez (Fundación Penzol), Luis Martínez Risco (Fundación Vicente M. Risco), Xosé Fernando Filgueira (Fundación Filgueira Valverde), Xusto Beramendi (Museo do Pobo Galego), Juan Luis Saco Cid (Fundación Otero Pedrayo),  e Xabier González (Nós, galeguistas). 

Anasagasti e Bildarratz

Pecharán o acto dous políticos vascos, o ex voceiro no PNV no Congreso dos deputados, Iñaki Anasagasti e o voceiro no Senado dos nacionalistas vascos, Jokin Bildarratz. Coordinará as distintas intervencións, Antón Mascato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos