«Sos: salvemos ó centro Galego de Bos Aires».//Francisco López «Chesqui» //
Fai uns días que a miña dona Encarna e máis eu, xunto cos nosos curmáns residentes na cidade de Bos Aires Ramón Aguiño e Lidia Hadid, él “meco” de O Grove e ela porteña da cidade de Morón, vimos de facer unha viaxe polas terras americanas de Argentina e Chile. Non sei se foi o destino, a fortuna, ou en todo caso o destino afortunado quen fixo que estiveramos precisamente na cidade de Bos Aires nunhhas datas nas que os socios do Centro Galego debatían e decidían a posible venda do Centro Galego a un Grupo Sanitario Español , ou dito doutra maneira, estábamos asistindo extupefactos á máis que probable desaparición do Centro Gallego e con él a 111 anos da historia da emigración galega na República Arxentina.
Pódovos asegurar que o sermos testigos deste feito fixo que voltáramos coa sensación de termos vivido unha experiencia fondamente emotiva e nada doada de transmitir. Pero ainda así, sintome na obriga como galego e galeguista de denunciar publicamente unha situación que non tiña que haberse dado nunca, pero a realidade é a que é, e non a que nos gustaría que fose, e esta realidade por moi crú que sexa, débena de coñecer todos os galeg@s. Imos alá…….,
Houbo un tempo, alá polos anos 60 e 70 do século pasado, cando éramos «máis» cativos, escoitábamos falar aos nosos pais e nais sobre a historia dramática da emigración, porque practicamente a totalidade das familias galegas tiñamos, e seguramente ainda témos -cando menos- un dos nosos membros polo mundo adiante , tal e como se acostumaba a decir por aquelas datas. Na maioría dos casos víanse obrigados a marchar empuxados pola necesidade da procura dunha vida mellor para eles e as súas familias.
Outros para salvar as súas vidas, refirome a os exiliados, os heroes que tiñan loitado na defensa do Goberno lexitimo da II República. Eramos moi novos cando escoitábamos dos nosos maiores o drama que significaba para úns e para outros, o ter que deixar o seu pobo, as súas vidas, as súas casas e as súas familias, na procura dunha vida mellor, ou simplemente para gozar de unha liberdade que aquí non tiñan e se lles negaba. Os que máis, elexirón o viaxar ás Américas a 11.000 kilómetros de distancia dos seus fogares, nunha travesía polo mar, na 3ª clase dun daqueles barcos que saían de Vilagarcía, Vigo ou A Coruña, no que tardarían 15 ou 20 días en chegar ao seu destino para comenzar unha nova vida nun país descoñecido, e na maioría dos casos só. !Que drama! !Que tristura ! !Que inxusta é as veces a vida!
Pois ben, unha boa parte deses galeg@s emigrantes, por unha ou outra razón, colleron rumbo a República Arxentina, e ali afrontaron o seu futuro fora da Terra que os veu nacer. Pero cando chegaban á cidade de Bos Aires tiñan unha referencia, tiñan un lugar onde dirixirse, tiñan unha casa na que atoparse cos seus paisanos e sentirse menos sós; esa casa era o Centro Galego de Bos Aires na Avda. de Belgrano, que xunto ao Centro Galego da Habana serían a referencia da vida cultural, social e sanitaria do conxunto da colectividade Galega en América. Para que poidamos facernos unha idea da importancia do Centro Galego de Bos Aires, temos que reparar en dous datos importantes: O primeiro é que no ano 1910 ,Bos Aires era a maior cidade galega do mundo, na que residían aproximadamente 160.000 galeg@s que representaban entre un 9 e un 11% da totalidade da poboación da cidade, número que se víu incrementado considerablemente nos anos seguintes ao remate da guerra civil no 1939.
O outro dato a destacar é, que dende o seu nacemento no 1907, o Centro Galego de Bos Aires convirteuse na embaixada de Galicia na Arxentina, e dende o ano 1920 no que se inaugura o seu hospital pasa a ser o Centro Hospitalario máis importante da República Arxentina. No percorrer dos anos o Centro Galego foi incrementando a súa influencia sanitaria ata o punto de contar na década dos anos 50 e 60 con 120.000 afiliados, convertíndose na primeira entidade mutualista de América!! No hospital do Centro Galego na habitación 202 -a que tiven a inmensa honra de visitar e de tocar- morreu o 7 de Xaneiro de 1950 o pai da patría galega, o primeiro Presidente de Galicia «Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao» , dende aquela data ata hoxe, por decisión da colectividade galega, a habitación conservase intacta ao igual que fai 68 anos.
Tamén debemos destacar a función socio-laboral que desenrolou o Centro Gallego. Ata o punto de que chegou a ter nas súas dependencias unha oficiña de colocación para todos aqueles galeg@s que chegaban de Galicia e tiñan necesidade de atopar un traballo. Houbo un tempo no que boa parte dos negocios de hostelería, bares, cafeterías etc., de Bos Aires, estaban rexentados ou eran propiedade de galegos e éstes eran socios do Centro Galego, e- como non podía ser doutro xeito- preferían colocar nos seus establecementos os seus paisanos, polo que recurrían para a súa contratación ao propio Centro. ( para estas e outras moitas lembranzas máis, temos a gran sorte de contar coa persoa do historiador Hugo Rodiño que é a historia viva da emigración galega en Bos Aires)
En canto ao eido cultural, houbo un tempo, sobre todo dos anos 40 aos 50, no que o Centro Galego era un referente importante na colectividade, acollía , apoiaba e homenaxeaba a todos aqueles persoeiros que chegaban do exilio como Castelao e moitos outros; organizaba conferencias e caharlas dos intelectuais galegos Ramón Otero Pedraio, Cunqueiro e un longo número de persoeiros da vida política e cultural galega. Respecto ao patrimonio artístico e cultural con que conta o Centro Galego é inmenso, podemos atopar pinturas coma «O Cego Camiño da Festa de Guadalupe» (1913), «A Familia do Cego» (1940) de Castelao, «A Procesión da Virxen da Franqueira» (1931) de Fernando Alvarez de Sotomayor, cuadros de Laxeiro, Isaac Díaz Pardo etc, etc, ademáis de infinidade de documentos históricos, milleiros de libros, a biblioteca donada por Ramón Otero Pedraio, películas, fotografías, arquivos institucionais, médicos, radiofónicos etc. , etc.,
Pois ben, benqueridos amigos, o que foi durante 111 a casa de todos os galeg@s, a embaixada de Galicia en Bos Aires na República Arxentina, está a piques de desaparecer. O pasado día 18 de Nadal gracias á xestión que fixo dende Galicia o director de cine, productor e editor, ademáis do meu bo e querido amigo Xán Leira, intentei visitar o Centro Galego, pero non me foi posible, advirteuseme que ese mesmo día estaba convocada unha Asambleia dos socios para decidir a posible venda do Centro. Xa o día seguinte soupen do resultado da mesma: Os socios tiñan decidido o SÍ á venda, pero con condicionantes: A) Que se mantiveran os postos de traballo existentes. B) Que se cubriran as necesidades sanitarias dos socios de máis edade ata o seu pasamento. C) Que se salvagardara o patrimonio artístico e cultural existente.»
A resolución definitiva quedou pendente para unha nova xuntanza a celebrar en 40 ou 5o días, que é o tempo que temos os galeg@s e as nosas autoridades políticas, culturais e académicas para por freno a esta sinrazón». O día 20 si puiden visitar as instalacións do Centro Galego, e fíxeno da mán de dous anfitrións de luxo, de Hugo Rodiño, historiador e mantenedor dor arquivos do Centro Galego, ademáis de perfecto coñecedor da historia da colectividade galega na Arxentina, e de Graciela Pistochi Pereira , artista, persoa fondamente comprometida coa vida e a cultura galega, artista, é membra da directiva de unha das Asociacións que conforman a masa Asociativa do Centro Galego «Unión Gallega» , sen dúbida algunha Graciela é unha das persoas que mellor coñece a situación actual do Centro Galego.
A intervención responsable do Centro Galego, dependente do Estado Argentino, recibeunos moi amablemente e permiteunos visitar tanto as instalacións donde se ubica o patrimonio cultural e artístico do centro, planta 1ª do edificio, arquivo, salóns nobles, biblioteca, pezas de arte, cuadros etc., como tamén as instalacións sanitarias propiamente ditas. Pódovos asegurar que saín do edificio con unha profunda tristura por todo o que tiña sido e había deixado de ser dende facía só tres días o «Centro Galego de Bos Aires«, e prometinme a min mesmo e a colectividade que me acolleu coma se fora un membro máis : Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina (Lorena Lores e Diego A. Martínez), Centro Galicia (Vila Alén), Fundación Galicia América e Instituto Argentino Gallego Santiago Apostol (Carlos Xabier Rodríguez e Sebastian Leira) e Centro Gallego de Bos Aires (Hugo Rodiño e Graciela Pistochi Pereira), que faría todo o posible para intentar salvagardar – cando menos – o patrimonio cultural e artístico existente no Centro Galego, que é o mesmo que salvagadar a historia das nosas propias vidas.
Ao día seguinte da miña visita ao Centro Gallego, o Partido Galeguista dende Galicia emiteu un comunicado no que se dirixe á sociedade galega e os seus representantes políticos: a Xunta de Galicia, o Parlamento, os axentes culturais representados polo Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega e as Universidades Galegas , solicitándolles, que de xeito consensuado nomeen unha comisión que interceda diante das autoridades Arxentinas, a propia intervención do Centro Galego de Bos Aires, as empresas que participan da compra dos bens, e o resto da Colectividade Galega en Bos Aires, para que o Patrimonio Artistico e Cultural do Centro Galego quede salvagardado integramente nunha única colección e nun mesmo espacio físico, para deleite,consulta e investigación histórica dos seus fondos….» Hai cousas na vida polas que vale a pena loitar e sen dúbida ningunha esta é unha delas. Debemos ter afouteza ! Viva Galicia! ! Saúde e Terra!
Francisco López «Chesqui», é Secretario Xeral do Partido Galeguista, ademáis de membro fundador da Fundación Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco.