12.1 C
Santa Comba
jueves, abril 4, 2024

Un ferido en Carnota despois de bater o seu coche contra unha casa

Segundo AXEGA 112 o condutor do turimso resultou ferido de gravidade.

Accidente na «curva da gasolinera» en Teixoeira, Carnota. Aconteceu sobre as dúas deste madrugada. Esta é a información íntegra que nos ofrece o centro de emerxencias de galicia 112. As fotos son do GES de Muros.

Un home resultou ferido grave tras bater o coche que conducía contra unha casa en Carnota

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta madrugada ao condutor dun turismo que resultou ferido de gravidade tras colidir co seu vehículo contra unha casa.O sinistro produciuse minutos despois das dúas da mañá no lugar de Teixoeira, na estrada que enlaza Carnota coa vila de Muros.

Ao lugar acudiron os efectivos do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Muros alertados polo persoal do 112 Galicia, que comprobaron que o home estaba atrapado no interior do turismo.

Unha vez liberado, os profesionais de Urxencias Sanitarias procederon a estabilizar ao ferido para a súa evacuación inmediata ao centro hospitalario de referencia.

As testemuñas do accidente aseguraron ao persoal do 112 Galicia que o ferido quedou inconsciente tras recibir o forte golpe que se sentiu cando bateu contra a vivenda. De feito, xa apuntaban a que a persoa podería estar atrapada no interior do coche.

Por iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Muros e dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Cee.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos